Salida 22 y 25 julio 2018

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 22 y 25 julio 2018

Salida 15 julio 2018

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 15 julio 2018

Salida 8 de julio 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 8 de julio 2018

Salida 1 de julio 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 1 de julio 2018

Recorridos que no se subieron por unos problemas…

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Recorridos que no se subieron por unos problemas…

Salida 13 mayo 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 13 mayo 2018

Escultor Rai-San Antoniño

Son ás 9:04 e saímos da Alameda Flores, Mon, Benito, Toñete, Sergio e Rodri e nada máis chegar a San Roque entra no grupo Xavi, e así este grupo sen novidade algunha nos plantamos en Tui capital da bisbarra miñota, para encarar o primer tramo do ascenso a subida a San Antoniño ata Malvas, ao pouco de iniciar o ascenso Benito e Mon poñen un ritmo inferior aos demáis, eles van a San Antoniño directamente sen pasar polo zona do Escultor Rai, arriba en San Antoniño nos encontraremos.

O ritmo dos restantes cinco ata Malvas é constante, abandonamos esta estrada PO-340 e vamos hacia a casa do Escultor Rai, dónde aproveitamos para tirar unhas fotos que dan testemuña do noso paso.

Despois das fotos de rigor, iniciamos dende este punto o ascenso final ata San Antoniño, algo máis de dous quilómetros durísimos que nos fan poñer tódalas forzas das que dispoñemos, plato pequeno e piñón máis grande é necesario para acometer esta esixente subida, ademáis hai tramos do firme que non axudan, grava pequena que fai esvarar a roda da tracción. Flores ponse de inmediato ao fronte marcando o seu ritmo constante, algo máis atrás siguelle Sergio e o resto como podemos. Enlazamos de novo coa PO-340 xa no alto de San Antoniño dónde esperan Benito e Mon. Parada obrigatoria para comentar como lle foi a cada quen o seu particular ascenso e de paso avituallar e tamén un par de fotiños, que o día ben o merece.

Xa recuperados do esforzo, reiniciamos o percorrido sendo ás 11:00 horas da mañá. Decidimos cambiar a ruta dado que unha maioría ter que estar cedo nas súas casas, que hoxe é o día das Nais e hai que chegar puntuais. Imos entón directamente hacia Gondomar, anulando o tramo que vai por Morgadáns e Vincios, facemos o descenso ata Gondomar en menos de 10 minutos, de aquí a Ramallosa, Sabaris e Baiona, pouco antes das 11:30 estamos saíndo de Baiona hacia A Guarda. En Baredo a un km. do Rest.Rocamar, patrullas da Garda Civil de Tráfico facendo a súa labor de control; nós ao noso cumprindo co estipulado pola normativa de Seguridade Vial.

Xa estamos en Silleiro en menos dunha hora final de ruta, vamos cruzándonos cunha morea de cicloturistas, así como tamén de peregrinos camiñando polo carril ciclo-peonil, subimos o repeito de Mougás-Cabezo e logo o de Mougás subida Antenas, xusto aquí un par de ciclistas nos pasan velozmente, Flores se pica uns metros o corre detrás deles, ao final desiste e volve ao redil. En Oia hai un gran movemento de xente e coches, o Rally ascenso a Valga que se está disputando hoxe é a súa razón de ser.

Continuamos os sete magníficos cabalgando nas nosas monturas ata A Guarda a dónde chegamos sendo exactamente ás 12:26 h., hora que nos permite cumprir cos nosos compromisos familiares.

Publicado en Saídas estrada por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en Escultor Rai-San Antoniño

Salida 6 mayo 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 6 mayo 2018

San Silvestre

Non, non é a carreira de San Silvestre do 31 de decembro, pero podería parecelo pola temperatura máis ben daquela estación que do 1º de maio. O dito, unha temperatura baixa e un aire frío que pelaba, practicamente en todo o percorrido que iniciamos dende a Alameda ás 9:10 h. Flores, Toñete, Mon, Benito, Sergio e Rodri e na gasolineira de S.Roque collemos a Xavi que viña ao noso encontro.

Despois de cruzar o Miño hacia V.N.Cerveira e plantarnos en S.Pedro da Torre, collemos a dereita hacia Cerdal pola EN-201 que abandonamos aos poucos kms. collendo a esquerda pola M-511 e ao chegar a unha antiga cerámica coa súa chimenea, doblamos a dereita continuando pola mesma estrada durante uns 3 ksm. ata ver unha recta pendente e adoquinada que ten 900 m. de lonxitude, ao final da mesma hai que coller a esquerda por unha pequena baixada ata chegar a un parque de merendas a esquerda dónde de fronte hai un estanque de auga, ¿para incendios acaso?, curva a esquerda que vai ata o Convento de Nossa Senhora de Mosteiró, nós collemos a dereita ata encontrar a M509 e despois de pasar seis curvas, tres a dereita e tres a esquerda dun asfalto empichado en pedra cun desniveis que non baixan do 8% e permanentemente que oscilan entre o 10 e 14%.

Collendo a M509 a dereita continúa o mesmo tipo de firme na estrada, ascendemos durante un km. e vemos a dereita a aldea de Gondelim,  e a nosa esquerda no alto da montaña vemos impresionantes muños de enerxía eléctrica movendose ao compás do vento.

A pouco máis de 1,5 kms. de Gondelim poñemonos ao pé de San Silvestre, que ten un perfecto empichado liso e suave, aínda que case o quilómetro de ascensión ata a capela son durísimos. Ao pé da capela o gps marca 737 msnm, suficiente altura para apreciar o Corno do Bico por encima de Paredes de Coura, Nossa Senhora do Minho o Tecla, etc.

Tomamos o merecido descanso e avituallarnos despois do esforzo realizado para chegar ata aquí.


Descendemos pola M509 a través da freguesía de Taiao por unha baixada moi pronunciada, curveada e rapidísima que pronto nos pon en Valença, de aquí e pola EN13 imos por S.Pedro da Torre hacia Vilanova de Cerveira, cruzar o Miño hacia Goián e chegarnos A Guarda ás 13:00 h.

Publicado en Saídas estrada por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en San Silvestre

Salida 29 abril y 1 de mayo 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 29 abril y 1 de mayo 2018