Carretera

Saída 07.08.2016 Monte Aloia

Posted by on 10/08/2016 at 1:45 pm

Outro domingo de calor, outro domingo de ascenso duro; toca suar e sufrir, o Aloia non é para menos. Así que dende a Alameda partimos rumbo a Tui, Flores, Tonio, Gándara, Miguel, Toñete, Generoso, Elías, Martin e Rodri, ás 9:06 h. Manuel Benito e Rafa van en dirección contraria, buscando a frescura da costa e […]

Saída 31.07.2016 Nossa Senhora dos Remedios

Posted by on 01/08/2016 at 1:01 am

Comezamos o período de vacacións por excelencia, donde a meirande parte de xente está de descanso dos traballos, por eso aparecen pola Alameda Martin que ven de Alemania e Javier Gándara de Madrid, aos cales lles damos a benvida por estar de novo entre nós. Despois de que o pasado domingo 24 pasáramos polo “inferno” […]

Saída 25.07.2016

Posted by on 26/07/2016 at 11:12 pm

Santiago apóstolo. Felicidades a tódolos Santiago. Como non podía ser doutro xeito no día grande de Galicia, magnifíco día, ceo completamente azul libre de nubes donde o sol loce esplendoroso. Saímos da Alameda ás 9:07 h. Flores, Tonio, Toñete, Mon, Rafa que regresa despois dunhas semanas de recuperación, Gándara, Jorge, Elías, Manuel Benito e Rodri. Tonio […]

Saída 24.07.2016 Cavalinho

Posted by on 26/07/2016 at 1:14 am

Bos días aos cicloturistas presentes aquí na Alameda para afrontar esta ruta corta pero intensa, a mañá promete. Así pois nos dispoñemos a saír sendo ás 9:05 h. Flores, Tonio, Toñete, Patxi ao cal lle damos a benvida por aparecer por esta terra un ano máis, Alberto González, Generoso, Gándara que se reincorpora a actividade […]

Saída 17.07.2016

Posted by on 20/07/2016 at 12:36 am

Como cada mañá de domingo xuntamonos na Alameda uns cantos cicloturistas, hoxe uns poucos menos porque algúns compañeiros participan na carreira pedestre da Feira do Viño de O Rosal, así que ás 9:08 saímos Elías, Tonio, Manuel Benito, Mon, Toñete, Miguel, Generoso e Rodri, pola PO-552 rumbo a Oia para realizar a ruta trazada por […]

Saída 10.07.2016 Extremo

Posted by on 12/07/2016 at 1:33 am

Da noite para a mañá, nos atopamos na Alameda con esta casa prefabricada que Generoso comproba a súa resistencia. ¿Quen non ten unha casa?. Sen permisos, sen licencias nin planos arquitectónicos, o único que fai falta é mercar unha rifa da Festa do Monte 2016. Sen máis demora procedemos a iniciar a ruta a Extremo, […]

Saída 03.07.2016

Posted by on 06/07/2016 at 1:33 am

Levamos uns cantos días de resplandecente sol e os últimos con temperaturas acordes con este período estival. ¡Por fin xa chegou o verán¡. E nos aquí na Alameda preparados para iniciar unha nova etapa. Hoxe saímos Flores, Tonio, Jose, Mon, Xavi, Miguel, Generoso, Manuel Benito, Elías, Toñete e Rodri. Elías e Toñete deciden tomar ruta […]

Saída 26-06-2016

Posted by on 05/07/2016 at 12:12 am

Eran ás 9:07 h. cando saímos da Alameda o grupo de ciclistas formado por Elías, Toñete, Flores, Tonio, Mon, Alberto González, Rubén Misa, Óscar, Generoso e Rodri, inmediatamente en San Roque collemos a Xavi e sen máis historias pedaleamos tranquilamente rumbo ao punto de retorno no alto de Puxeiros, un incómodo e fresco vento do […]

Saída 24-06-2016 San Xoan

Posted by on 25/06/2016 at 6:21 pm

Despois de pasar a noite máis corta do ano entre cacharelas e feitizos, nesta mañá aínda se aprecian os aromas das sardiñas asadas nas brasas da noite de San Xoan, pousadas nun pan de millo galego e refrescadas as gorxas cun tintorro de Barrantes. Bueno, bueno, bueno…non sei se será o viño de Barrantes ou […]

Saída 19-06-2016 Montaría

Posted by on 23/06/2016 at 12:27 am

Todo o mundo desexando que pasara o corenta de maio, un excelente día e aquí estamos na Alameda ás nove da mañá dous pelagatos. Toca esperar uns minutos para xuntarnos dez cicloturistas que imos facer a ruta ata Montaría, freguesía do concello de Viana do Castelo (Portugal). Os dez escollidos que saímos ás 9:09 horas son: […]