San Silvestre

Non, non é a carreira de San Silvestre do 31 de decembro, pero podería parecelo pola temperatura máis ben daquela estación que do 1º de maio. O dito, unha temperatura baixa e un aire frío que pelaba, practicamente en todo o percorrido que iniciamos dende a Alameda ás 9:10 h. Flores, Toñete, Mon, Benito, Sergio e Rodri e na gasolineira de S.Roque collemos a Xavi que viña ao noso encontro.

Despois de cruzar o Miño hacia V.N.Cerveira e plantarnos en S.Pedro da Torre, collemos a dereita hacia Cerdal pola EN-201 que abandonamos aos poucos kms. collendo a esquerda pola M-511 e ao chegar a unha antiga cerámica coa súa chimenea, doblamos a dereita continuando pola mesma estrada durante uns 3 ksm. ata ver unha recta pendente e adoquinada que ten 900 m. de lonxitude, ao final da mesma hai que coller a esquerda por unha pequena baixada ata chegar a un parque de merendas a esquerda dónde de fronte hai un estanque de auga, ¿para incendios acaso?, curva a esquerda que vai ata o Convento de Nossa Senhora de Mosteiró, nós collemos a dereita ata encontrar a M509 e despois de pasar seis curvas, tres a dereita e tres a esquerda dun asfalto empichado en pedra cun desniveis que non baixan do 8% e permanentemente que oscilan entre o 10 e 14%.

Collendo a M509 a dereita continúa o mesmo tipo de firme na estrada, ascendemos durante un km. e vemos a dereita a aldea de Gondelim,  e a nosa esquerda no alto da montaña vemos impresionantes muños de enerxía eléctrica movendose ao compás do vento.

A pouco máis de 1,5 kms. de Gondelim poñemonos ao pé de San Silvestre, que ten un perfecto empichado liso e suave, aínda que case o quilómetro de ascensión ata a capela son durísimos. Ao pé da capela o gps marca 737 msnm, suficiente altura para apreciar o Corno do Bico por encima de Paredes de Coura, Nossa Senhora do Minho o Tecla, etc.

Tomamos o merecido descanso e avituallarnos despois do esforzo realizado para chegar ata aquí.


Descendemos pola M509 a través da freguesía de Taiao por unha baixada moi pronunciada, curveada e rapidísima que pronto nos pon en Valença, de aquí e pola EN13 imos por S.Pedro da Torre hacia Vilanova de Cerveira, cruzar o Miño hacia Goián e chegarnos A Guarda ás 13:00 h.

Los comentarios están cerrados.