Saída 04.02.2018

Primeira saída organizada do Club de 2018. Un par de minutos antes das 9 da mañá e na Alameda non aparece ninguén, aínda que o ceu está practicamente limpo de nubes ameazadoras, as previsións dos metereólogos anunciando moito frío sexa a posible causa. Vexo pasar a Manuel Benito como hacía Tui.

Pasados uns minutos aparece Toñete, Rodri, Óscar e Elías, Alberto Rodríguez e despois Benito e Mon, tamén chega Alberto González, pero éste ven coa btt e vai con outra panda polo monte.

Esperamos uns minutos por se aparece alguén máis, pero os 7º C que marca o termómetro da farmacia, animanos a iniciar a ruta de inmediato e así quecer os músculos, eran ás 9:09 h. máis ou menos como o habitual.

Marcan ritmo na cabeza Benito e Mon, seguido por Óscar e Toñete, pouco máis atrás Rodri e finalmente Elías e Alberto Rodríguez. Antes de chegar ás Loucenzas, engancha Manuel Benito. O frío faise notar e o vento da de cara, Elías, Alberto Rodríguez e Manuel Benito non acaban de enganchar co quinteto que vai un pouco máis adiantado, pouco a pouco vanse quedando, e así formamos dous grupos. Un quilómetro antes de chegar a Oia, dámonos conta de que Óscar descolgouse do grupo de cinco.

Seguimos a marcha con ritmo suave, á altura de Pedornes fórmase un “arco da vella” e o pouco caen unhas gotas de chuvia, nada importante. Benito á altura do campo de fútbol de Mougás, da volta por algún compromiso familiar.

Agora formamos un trío e seguimos coa marcha por Silleiro, Baiona e chegamos a Ramallosa, punto de retorno; paramos aquí para o habitual (evacuar, avituallar, estirar, etc.).

Na Ramallosa

Na Ramallosa

Reiniciamos a volta hacia o punto de partida, agora con vento favorable que se nota na media quilométrica, deixamos atrás Baiona, Silleiro e antes de chegar a Mougás nos cruzamos con un grupo bastante numeroso, un membro danos unhas voces e identificamos a Óscar.

Pasamos por Mougás, Oia e pouco despois adiantamos a Rogelio Vicente  (o da confeitaría) que hoxe vai con retraso e que nos dice que ven de Baiona (e dispón de probas).

Chegamos ao punto de saída na Alameda, son ás 12:10 da mañá e recorremos os 68 kms. da ruta sen novidade algunha.

1 comentario a "Saída 04.02.2018"

  • Tonio dice: