Praia Patos e volver

Despois dunha semana especialmente húmida e chuviosa, recibimos este fin de semana soleado e para estar en pleno inverno non demasiado frío aínda que o termómetro da farmacia marcaba a esta hora da mañá 8-9º C, a sensación de frío libre de humidade é bastante menor. Todo esto favoreceu a presencia na Alameda dun grupo composto por 11 cicloturistas dispostos a realizar o programa de 80 kms. previsto por Flores para hoxe, é dicir, ir ata a praia de Patos no concello de Nigrán e volver. Despois da espera por Gándara que nos avisa que está cambiando roda pinchada e de Óscar Trigo por problema mecánico na roda traseira, estamos preparados Elías, Manuel Benito, Rodri, Tonio, Flores, Benito, Mon, Gándara, Toñete, Alberto Rodríguez e Óscar Trigo.

Antes de saír un par de instantáneas para a posteridade, aí van.

IMG_20180218_091050_855[1]IMG_20180218_091144_642[1]

Entre a espera as fotos a charla, tal e cual, partimos rumbo a Patos ás 9:13 horas, e iso que Óscar Trigo aínda non aparecera, logo xa nos collerá. Pasada a avenida Donantes de Sangue, xa íamos ao completo o citado grupo de 11, disfrutando do pedaleo e do día, Flores e Rodri tiran na cabeza.

Baixada de Portecelo velocidade de cruceiro a uns 35-37 kms/h., posterior repeito de 200 mts., Alberto Rodríguez aproveitando a inercia adianta a todo o grupo e ponse en cabeza durante uns cantos metros, suficientes para saborear uns momentos de gloria, hai que darlle ánimos que ven de pasar un longo calvario por problemas nun xeonllo.

Antes de chegar a Oia, Elías, Manuel Benito e Alberto Rodríguez descolganse do grupo, pois realizarán un percorrido inferior ao previsto, hai que ir pouco a pouco na posta en forma. Os 8 compoñentes do grupo ímos cunha marcha ao redor de 28 kms/h. en zonas planas, como sempre por esta estrada, cruzamonos cunha morea de cicloturistas, grupos máis ou menos numerosos, cicloturistas desperdigados, de todo un pouco. Nós ao noso ritmo poñemonos na Real (Baiona), a partir de aquí o tráfico de vehículos de catro rodas xa se incrementa considerablemente e obríganos a baixar un tanto a velocidade, as rotondas, semáforos e cruces tamén inflúen. Cruzamos a ponte sobre o río Miñor e na pequena rotonda tomamos rumbo a Patos pola estrada da vía, máis plana. no parpadeo dun ollo estamos en Patos, aínda non son ás 11 da mañá.

Como sempre esta fermosa praia, ofrece unha vista extraordinaria cunha Illas Cíes no fondo que parecen gardas da desembocadura da ría de Vigo. Toque ao descanso, estirar as pernas, alimentar e todo o demais, e por suposto a foto de rigor.IMG_20180218_105733_508[1]

Reanudamos a marcha de regreso ao punto de partida, Gándara e Óscar Trigo se adiantan e perdemolos de vista, pensamos que teñen ganas de acelerar o ritmo da ida ou algo así. Alcanzamolos pouco despois en Baiona, aínda que non chegamos a unirnos de todo, un coche que non se atreveu adiantalos, foi un par de kms. facendo de fío de unión, cando un condutor temeroso, cauteloso ou ignorante das normativas en vigor, podemos facilitar a manobra de superación poñéndoos en liña de un, e evitamos malos humores e cabreos.

En cabo Silleiro collemos a Fernando Vicente Daldea, que tempo había que nun pedaleaba co grupo, a saber…Queda na casa de Viladeuso, como recordo deste día unha foto.

¡Ata a próxima Fernando¡

¡Ata a próxima Fernando¡

Vamos hacía Oia con tranquilidade sabedores de que hai tempo de sobra, aínda que algún trata de dar un estirón ao grupo a ver si se pican.

IMG_20180218_115355_429[1]

Pola subida de Portecelo vanse notando os kms. acumulados, esta semana chuviosa non permitiu entrenar con normalidade. No seguinte vídeo pódese apreciar mellor.

VID_20180218_121148_730[1]

Faltan un par de kms. para chegar A Guarda, no Bergantín quedan a refrescar a gorxa Gándara, Óscar Trigo e Tonio e Toñete, xa os están esperando Elías e Alberto Rodríguez.

Continuamos e rematamos a ruta deseñada.

1 comentario a "Praia Patos e volver"

  • Tonio dice: